Cine Galego

Drag A2

Vello Cárcere
luns, 18 de Setembro de 2023 - 19:00

Drag A2 é un documental que narra de forma dinámica as historias de Javier Sánchez, coñecido artisticamente como Meiga-i, personaxe creado por Javier hai non moito tempo que nace da combinación do folclore e da cultura tradicional galega co transf

Martín

Vello Cárcere
luns, 18 de Setembro de 2023 - 19:00

Martín, logo de residir en diferentes cidades, vai vivir á casa de aldea do seu avó recentemente falecido, onde pasaba os veráns da súa infancia. Atópase coa soidade e cunha rutina da que non consegue saír.

0+10

Vello Cárcere
luns, 18 de Setembro de 2023 - 19:00

A memoria é o que nos define pero tamén pode esvaecerse co tempo. É paradoxal como o bo prescribe rápido e o malo perdura máis na nosa memoria.

Lonxe da casa

Vello Cárcere
martes, 19 de Setembro de 2023 - 19:00

Teresa é unha adolescente peruana que estuda o bacharelato en Galicia e se sente soa. A súa familia non poderá voar desde Perú a España para celebrar con ela o Nadal debido á crise política do país.

Sandwich Cat

Vello Cárcere
martes, 19 de Setembro de 2023 - 19:00

Un día normal. David está deitado no sofá vendo a súa serie favorita: unha fantasía cristiá, mentres Sandwich Cat está a facer o seu. David vai ao baño... e cousas estrañas comezan a suceder, como tremores e apagamentos.

Compañeiros

Vello Cárcere
martes, 19 de Setembro de 2023 - 19:00

Dous antigos compañeiros de colexio atópanse despois de trinta anos. O que parece unha casualidade vaise turbando, para converterse nunha situación cada vez máis e máis estraña.

Morriña

Vello Cárcere
mércores, 20 de Setembro de 2023 - 19:00

Baixo unha gran nube gris nun día de chuvia, Porfiria (72 anos), venezolana radicada en España, e Oriana (22 anos), influencer tamén venezolana e nai solteira, cociñan xuntas arepas mentres esperan a chegada de Daria (27 anos), unha médica ucraína

Malla

Vello Cárcere
mércores, 20 de Setembro de 2023 - 19:00

Víctor regresa á súa aldea natal na procura de atoparse a si mesmo. Illado e perdido na súa propia mente, necesita con urxencia dunha rede que o saque das profundidades.

Madia leva

Vello Cárcere
mércores, 20 de Setembro de 2023 - 19:00

Tras moitas horas de traballo na barra dunha discoteca, unha galega e unha andaluza, compañeiras de traballo falan das súas frustracións e o seu cansazo con refráns típicos da súa terra. Ambas falan do mesmo en idiomas distintos.

Psicoducha

Vello Cárcere
xoves, 21 de Setembro de 2023 - 19:00

Nun monte de Vigo apareceu o corpo sen vida dunha muller. A policía baralla a hipótese de que sexa outra vítima dun asasino en serie. Psychoshower é unha homenaxe a Hitchcock e á famosa escena da ducha de Psicose.

Ollar o monte verde

Vello Cárcere
xoves, 21 de Setembro de 2023 - 19:00

Tras a morte da súa nai enferma de Alzheimer, a vida de Luís crébase en anacos. Na procura de reencontrarse con asuntos do pasado e consigo mesmo para reconstruír o presente, viaxa co seu irmán Suso á casa na que viviu a súa nai.

Dodo

Vello Cárcere
venres, 22 de Setembro de 2023 - 19:00

Dodo xira en torno a tres personaxes que se atopan dentro dun universo inmersos nun bucle. Cada vez que unha persoa entra neste universo, un elemento introdúceos no bucle multiversiano, intercedendo así no seu futuro.

Somnia

Vello Cárcere
venres, 22 de Setembro de 2023 - 19:00

Un fotógrafo que vive nun hotel de estrada accede en segredo, todas as noites, ás habitacións de novos hóspedes para sacarlles fotos mentres dormen.

Solpor

Vello Cárcere
venres, 22 de Setembro de 2023 - 19:00

Un home de mediana idade vive no seu vehículo tras quedar sen traballo e afastarse da súa familia. Despois dun tempo vivindo nesa situación, o mesmo home empeza a quedar sen recursos para poder comprar os alimentos necesarios para vivir.

A rosa incadescente

Vello Cárcere
venres, 22 de Setembro de 2023 - 19:00

Rosalía de Castro guíanos nesta curtametraxe polo seu universo literario, presentándose a sí mesma como unha muller determinada a facer unha carreira literaria na que desenvolver a súa liberdade de pensamento e creación.

Quen son?

Vello Cárcere
venres, 22 de Setembro de 2023 - 19:00

Unha persoa desdóbrase para dialogar consigo mesma e explorar a súa identidade. A parte luminosa dun ser humano enfróntase á súa parte escura; esa que habita nas sombras e que acubilla o monstro que todos levamos dentro. Quen son?

PUNTOS SUSPENSIVOS

Vello Cárcere
venres, 22 de Setembro de 2023 - 19:00

Nunha cafetería, Artur e Antía chatean nos seus móbiles. A storie dunha amiga de ambos nunha rede social desencadeará unha forte discusión sobre a empatía, a soidade e a influencia das redes sociais nas súas vidas. Unha historia de enganos...

Portas

Vello Cárcere
sábado, 23 de Setembro de 2023 - 19:00

Un grupo de amigas está a facer unha curtametraxe cando lles entra a fame. Mais ninguén esperaba que cando unha delas fose buscar uns froitos secos, esta recibiría unha mensaxe estraña que a levaría a unha viaxe por todo o multiverso.

Ágape

Vello Cárcere
sábado, 23 de Setembro de 2023 - 19:00

Marah goza dunha vida tranquila nunha vila onde comparte todo cos seus veciños. Coa chegada da súa filla Enia, a primeira nena que coñecen os seus habitantes, as cousas complícanse e a paz do pequeno paraíso vese comprometida.