Sinopsis
Os primeiros meses de vida da miña avoa adquiren unha relevancia da que nunca, en 86 anos, foi plenamente consciente. Unha realidade silenciada pola guerra, a posguerra e os case corenta anos de ditadura no Estado emerxe para romper os silencios.
Achégome ao Vello Cárcere, onde todo comeza e onde toma camiños paralelos aos doutras mulleres e aos silencios nas súas familias. Na procura da(s) memoria(s) perdida(s), encontrámonos interrelacionadas pola historia e polas historias.
Que a memoria substitúa a historia é perigoso. Que a historia silencie as historias, tamén.
PREMIOS
2026- Festival Internacional de Cine Documental - Pampa DOCFEST-ARXENTINA
2026-Cinematic Luxe Indie Showcase-USA