Sinopsis
Na década dos setenta, un grupo de mozos coruñeses botáronse a coller ondas nas praias da cidade. Sen apenas referentes, nunha sociedade que vivía aínda de costas ao mar, fabricaron táboas, descubriron novas rompentes e supuxeron, sen sabelo, o inicio da historia do surf en Galicia. A través dos testemuños de catro deles, coñecemos como, a partir de experiencias individuais previas ligadas ao mar, se iniciaron no surf e formaron o primeiro núcleo de surfeiros da cidade.
PREMIOS
Festival de Cans-2026