Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo 2026

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

O SON DA SERRA

  1. Inicio
  2. O SON DA SERRA

Cine Galego

Cine Galego
Cine Galego
/ Sala Xunta de Galicia /
venres, 25 Setembro, 2026 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2025-Documental-68 minutos.

Directores: Pau Fierro Cadorniga, Ana Belen Fernández.

Produtora: Nemesis Audiovisual.

Sinopsis

O Son da Serra, cando o Courel derramou bágoas de cinza é un documental sobre a Serra do Courel e o incendio que sufriu no verán de 2022. Este incendio foi a presentación en Galicia dos incendios convectivos de sexta xeración. Durante dúas semanas arrasou case 13.000 hectáreas, principalmente nos concellos de Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Quiroga, e obrigou así a desprazar máis dun milleiro de persoas no que era o maior incendio da historia de Galicia ata que chegou agosto de 2025.

O Son da Serra son as voces das persoas que nos levan polo vivido naqueles días e, dalgún xeito, as de todas as persoas que padeceron este desastre natural e vital. Son unha homenaxe a cada veciña e veciño da serra, unha reconciliación e unha posta en valor do que este territorio significa.

 

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌