As curtas cine son

UN HOMBRE SOLO

O Vello Cárcere
luns, 21 de Setembro de 2026 - 20:00

Logo de vinte anos de éxitos e prosperidade, Juan Aliaga e a súa familia ven como todo o que construíron comeza a esboroarse coa chegada da crise económica do 2008. Un hombre solo é o retrato de Juan cinco anos despois de perdelo todo.

LOS VINILOS

O Vello Cárcere
luns, 21 de Setembro de 2026 - 20:00

Jone e o seu mozo Iker baleiran a casa do seu pai finado. Entre obxectos e lembranzas, Jone descobre verdades ocultas que removen o seu mundo. Los vinilos é un retrato íntimo sobre o dó, o amor e os segredos que nos definen.

QUINTO PRIMERA

O Vello Cárcere
luns, 21 de Setembro de 2026 - 20:00

Rafael vive pechado no seu mundo, o seu piso en L’Hospitalet. Ao morrer a súa muller hai varios anos, perdeu as ganas de vivir e o seu espírito guerreiro. Rafael chegou a L’Hospitalet nos anos cincuenta na primeira gran vaga de inmigración.

FUCK OFF

O Vello Cárcere
martes, 22 de Setembro de 2026 - 20:00

Esmeralda vai conducindo por unha estrada solitaria. A calor é intensa. De súpeto, pínchaselle a roda do coche. Mentres agarda pola grúa, mantén unha conversa cunha persoa que está no asento traseiro. As pantasmas do seu pasado regresan.

EL ABRIGO

O Vello Cárcere
mércores, 23 de Setembro de 2026 - 20:00

El abrigo amosa como puido ser o primeiro día da Shoá (Solución Final) durante a Segunda Guerra Mundial nunha vila indeterminada da Europa central ocupada polos nazis na que un vagabundo lida unha mañá máis co seu miserento existir.

GOKOTTA

O Vello Cárcere
mércores, 23 de Setembro de 2026 - 20:00

Logo dun «soño» sobre unha gardiá do bosque, Samuel, un mozo de 25 anos desmotivado coa vida adulta, lembra a historia que viviu de pequeno: un día encontrou unha aldeíña de gnomos en medio do bosque.

ORPH

O Vello Cárcere
xoves, 24 de Setembro de 2026 - 20:00

Adela é levada polo seu marido a un centro psiquiátrico no que o doutor Comillas acompaña nais órfilas (orfas de fillo) nos seus procesos patolóxicos de dó. Nomear as cousas permite dar lugar á dor, recoñecer a súa existencia.

LEONARDO

O Vello Cárcere
venres, 25 de Setembro de 2026 - 20:00

Inspirado no Home de Vitruvio e no síndrome de Leonardo DiCaprio, Leonardo imaxina un futuro próximo no que Néstor, logo de perder a súa parella, procura consolo nunha réplica artificial dela.

PLANETA FOME

O Vello Cárcere
venres, 25 de Setembro de 2026 - 20:00

Curtametraxe inspirada en feitos reais. Ivani, unha muller e nai solteira, perde o seu traballo. Canda o seu fillo Lucca, de 8 anos, vese sumida na pobreza extrema. Nai e fillo pérdeno todo ata só quedaren o un co outro.

PLAZER BAT

O Vello Cárcere
venres, 25 de Setembro de 2026 - 20:00

Plazer bat trata de pór en valor eses praceres simples que son peculiares de cada persoa, pero que en gran medida coinciden; situacións e actos que pasan desapercibidos, que un non pon na lista cando lle conta a alguén que fixo de proveito nese dí