Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo 2026

Main navigation

  • Ciclos
  • Actividades
  • Actualidade
    • Novas
    • Prensa
  • Materiais
    • Xornal
    • Catálogo
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá

GOKOTTA

  1. Inicio
  2. GOKOTTA

As curtas tamén son Cine

As curtas cine son
As curtas tamén son Cine
/ O Vello Cárcere /
mércores, 23 Setembro, 2026 - 20:00
Ficha Técnica

España,2026-Animación-14 minutos.
Director: Kay Oceans.
Reparto: Basy Izquierdo, Marga Silvestre.
 

Sinopsis

Logo dun «soño» sobre unha gardiá do bosque, Samuel, un mozo de 25 anos desmotivado coa vida adulta, lembra a historia que viviu de pequeno: un día encontrou unha aldeíña de gnomos en medio do bosque. Sempre ía alí xogar para tentar ver algún ser, ata que unha das veces que volveu a encontrou esnaquizada. Rescatou unhas poucas pezas que quedaban e a súa nai gardounas nun baúl no rocho.

Esa mañá, despois de tantos anos, decide baixar ao rocho na procura do baúl. Con el baixo o brazo, emprende unha camiñada cara ao bosque para ver as ruínas da aldea, desexando encontrar, polo menos, un indicio de que as habita algunha criatura. Cando xa o dá todo por perdido, atopa unha porta no tronco dunha vella árbore. Tras ela, aparece a aldea reconstruída e as luces comezan a acenderse.
 

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌