Sinopsis
Plazer bat trata de pór en valor eses praceres simples que son peculiares de cada persoa, pero que en gran medida coinciden; situacións e actos que pasan desapercibidos, que un non pon na lista cando lle conta a alguén que fixo de proveito nese día; cousas que se esgotan en si mesmas e que non levan a grandes argumentos cando se reflexiona sobre elas, pero que, no entanto, parecen agochar algunha sabedoría, algo profundo que só se revela na súa mera execución.