Sinopsis
El abrigo amosa como puido ser o primeiro día da Shoá (Solución Final) durante a Segunda Guerra Mundial nunha vila indeterminada da Europa central ocupada polos nazis na que un vagabundo lida unha mañá máis co seu miserento existir.
No seu azaroso percorrido por evitar un tráxico destino ante a nova ameaza que o axexa, atópase cun errático clan cigano que o acolle e que lle ofrece refuxio e comida, lembrándolle que, mesmo en tempos de terror, a humanidade e a solidariedade poden persistir. Coa ironía, a identidade e a supervivencia nun mundo de violencia e roles invertidos, e grazas a unha cadea de casualidades agravada polo inconsciente roubo —ou en realidade, achado— dun abrigo coa estrela de David visible, o protagonista é confundido cun xudeu, sen selo. Así, a súa sorte será a última liña entre a vida e a morte nun mundo marcado polo xenocidio.
A historia transcorre nun só día, con momentos de drama e tensión, e deixa unha mensaxe esperanzadora: mesmo un home aparentemente insignificante pode converterse en salvación para outros moitos, demostrando que a bondade pode xurdir nos lugares máis inesperados e de quen menos se espera.