Sinopsis
Un día normal. David está deitado no sofá vendo a súa serie favorita: unha fantasía cristiá, mentres Sandwich Cat está a facer o seu. David vai ao baño... e cousas estrañas comezan a suceder, como tremores e apagamentos. Cando sae do baño, unha luz intensa cóbreo todo e David cae ao chan desmaiado. Acorda cos lambidos de Sandwich Cat. Érguese e senta no sofá, aínda un pouco aparvado, cando escoita unha voz estraña. Dáse conta de que é o gato quen lle está a falar. No medio da incredulidade e estupefacción de David, Sandwich Cat explícase a si mesmo: é un extraterrestre que intercambiou mentes co seu gato. Pasará un día con David e, dependendo do que observe e oia, decidirá se destrúe ou non a especie humana. David, como era de esperar, vólvese tolo.