Sinopsis
Rosalía de Castro guíanos nesta curtametraxe polo seu universo literario, presentándose a sí mesma como unha muller determinada a facer unha carreira literaria na que desenvolver a súa liberdade de pensamento e creación. As imaxes, os sons de ambiente, a música e os textos da autora interpélannos directamente para ofrecer unha imaxe renovada da poeta nacional de Galicia.