Sinopsis
Unha persoa desdóbrase para dialogar consigo mesma e explorar a súa identidade. A parte luminosa dun ser humano enfróntase á súa parte escura; esa que habita nas sombras e que acubilla o monstro que todos levamos dentro. Quen son? rende tributo ao espírito romántico; unha curtametraxe que transita pola tortuosa senda que percorreron Frankenstein e Drácula.