Sinopsis
Un grupo de amigas está a facer unha curtametraxe cando lles entra a fame. Mais ninguén esperaba que cando unha delas fose buscar uns froitos secos, esta recibiría unha mensaxe estraña que a levaría a unha viaxe por todo o multiverso. A rapaza visitará varios universos paralelos, cada un máis raro que o anterior, onde as súas amigas se comportan de formas estrañas. Que está a pasar?