Sinopsis
Morte e o meu Avó é unha curtametraxe de narrativa diverxente que habita entre a ficción e o documental para propoñernos unha reinterpretación da figura da Morte. Desde a inxenuidade dun adulto que nunca perdeu un ser querido, enfróntanos a unha reflexión sobre a ausencia, o engano da memoria e a fantasía da infancia.