Sinopsis
Martín, logo de residir en diferentes cidades, vai vivir á casa de aldea do seu avó recentemente falecido, onde pasaba os veráns da súa infancia. Atópase coa soidade e cunha rutina da que non consegue saír. Resúltalle complicado coñecer a nova xente nunha contorna practicamente despoboada. Por iso, a súa única vía de contacto con outras persoas son as aplicacións para mocear, onde consegue unha cita para esta noite.