Sinopsis
Drag A2 é un documental que narra de forma dinámica as historias de Javier Sánchez, coñecido artisticamente como Meiga-i, personaxe creado por Javier hai non moito tempo que nace da combinación do folclore e da cultura tradicional galega co transformismo, e grazas ao cal puido darse a coñecer e facer o que máis lle gusta, que é cantar, actuar e facer drag. Doutra banda, temos a Cristian de Samil, un referente drag na cidade de Vigo que leva décadas facendo transformismo e que tivo que pasar por varios cambios na sociedade.