Sinopsis
A Terra non se asemella en nada ao que era. Os devastadores efectos dunha grave crise climática decimaron a poboación e deixaron o mundo nos seus cimentos. Elba, unha brillante científica de carácter árido pero valente, tentará resolver un erro do seu pasado a calquera custo. O tempo e os elementos xogan na súa contra e será empurrada alén do límite da súa xa crebada fortaleza física e mental.