Sinopsis
A avoa de Uxía perdeu a memoria. Con todo, unhas vellas fotografías dunha viaxe da súa mocidade parecen traerlle bonitas lembranzas. Uxía, seguindo os pasos da súa avoa, percorrerá os lugares das fotografías para tentar axudala e descubrir que é o que a fixo tan feliz e, a pesar de todo, non foi capaz de esquecer.