Sinopsis
Unha figura fantasmal, chegada dun futuro que nunca chegou a ser, viaxa á Terra na procura de consolo para a súa dor. Os espazos, estancados e en ruínas, semellan reflectir a mesma loita contra o paso do tempo e o esquecemento. A peza pretende poñer en valor a importancia de manter a esperanza e a vontade de continuar, sen deixarnos arrastrar pola sensación de ausencia e insatisfacción.
Resáltanse os pequenos detalles que sempre están connosco, mesmo cando a doenza nos volve cegos a eles, cegos ao amor, unha forza constante sempre presente que espera serenamente ser escollida.