Sinopsis
O mar non é só o hábitat de peixes, cetáceos, algas e outros seres vivos. É o modo de vida de moitas vilas e cidades, un roteiro de comercio, un lugar de lecer; fonte de riqueza e tamén de traxedias. O mar é un modo de vida, unha identidade. O Atlántico defínenos moitas veces como galegos, pero tamén ten a súa identidade propia, e os seus sons. MMRRSSMM... (As Músicas dos Ruídos dos Sons do Mar) é unha das múltiples pezas que conforman o proxecto transmedia Xeosónica. É unha exploración dos ruídos do mar; dos que percibimos, dos que non, e dos que non sabemos que percibimos. Unha aproximación ao son cunha mirada artística e un enfoque experimental.