Sinopsis
Elsa é unha moza de catorce anos á que lle gusta Javi, que ten catro anos máis ca ela. Elsa está coa súa amiga Romina no parque cando chega Javi cos seus amigos e a convidan á casa dun deles a matar o tempo. Romina rógalle que non acepte, pero Elsa non entende por que ten que ter medo de ir con Javi a calquera sitio. Na casa de Luís, Javi dille a Elsa que lles ensine o baile que vai facer para fin de curso, un twerking. Luís convídaa a unha cervexa. Elsa aínda non bebe, pero acepta por presión de Javi e maréase un pouco. No medio do baile, Javi bícaa, pero entón nota que alguén lle toca o cu, e non é Javi.