Sinopsis
Plumass é unha curtametraxe experimental que hibrida as artes visuais, a música e as artes escénicas. Ten como obxectivo cercar coas imaxes e a danza as maneiras incapturables do ser, ese «ser así» tan Gaga, que nos fai diferentes entre nós, «esa pluma».
Plumass contén tres partes ben diferenciadas. A primeira nace dun proceso de creación visual de retrato documental, onde tras un pequeno casting para escoller cinco persoas, se retratan as características da súa expresión non-verbal. Esa peza cinematográfica resultante axuda a coreógrafa e bailarina Marcia Vázquez, baixo a dirección de Bea Saiáns, a abrir a segunda parte. Un proceso de investigación analizando as microexpresións inconscientes das persoas. Esa non-narrativa, esa linguaxe non-verbal será tomada posteriormente para servir de marco definitorio do que é o movemento da danza de Plumass.