Sinopsis
Na semana previa á Festa da Virxe do Carme, o pasado, presente e futuro da Illa de Arousa converxen en A Seca. Na baixamar de todas as mañás, coñecemos a Carmen e a Mónica, dúas xeracións de mariscadoras a pé. As súas saudades e alegrías contrástanse co camiño de Tania, a filla de Mónica e unha das últimas mozas que elixiron o oficio. Cada cambio de marea revela a memoria desta tradición matriarcal que continua nas que gardan a beira