Sinopsis
Os meus avós regaláronme unha Canon 6D cando lles dixen que quería dedicarme ao cinema. Anos máis tarde, utilicei esa mesma cámara para gravalos nos seus últimos anos de vida. Mentres filmaba, preguntábame que ía pasar cando un dos dous falecese, que pasaría cando estivesen o un sen o outro.