Sinopsis
Mia Moglie conta a historia de Raúl, un mozo do barrio de 19 anos que afronta o seu primeiro día como repartidor dunha empresa de mensaxería. Raúl pertence a unha familia de baixo estrato social chea de débedas e silencios. O seu pai é un home disfuncional e o seu irmán maior Lolo é un traballador que, malia o seu pasado turbulento, sobrevive íntegro e sen arrepentimento. A cámara atopa a Raúl no fráxil e solitario momento vital de deixar atrás a adolescencia e en plena loita persoal pola aceptación da súa realidade. Raúl nunca tivo espazo para pensar a que lle gustaría dedicar a súa vida e tampouco sentiu dereito a descubrilo. Así, asustado, cheo de inseguridades e case sen saber como suxeitar a roda, fai entrega de paquetes por primeira vez, coma un anano nun mundo de xigantes, tratando de buscar un punto de conexión coa vida que foi o seu destino, dando o primeiro paso para converterse nun home.