Sinopsis
Galicia, anos 50. Terra e tempo de pobres na que mandan os homes. Concha comeza o día canda a súa amiga Ramona cando aínda é noite. Os seus homes dormen. Elas van ao río levar o polbo. Son polbeiras.
É a hora de comer na romaría. As polbeiras venden e cortan polbo a cen ventosas por segundo coas súas aguzadas tesoiras. Concha ten un problema e está soa, o seu home anda por aí. A axuda das súas compañeiras mingua o dano. Concha precisa saber a causa. Isto non pode volver pasar.