Sinopsis
Roi é un estudante de Filosofía que, inspirado pola última clase dun profesor sobre a teoría da auga de Heráclito, afronta o reto de aproveitar cada momento como único. Logo dun encontro casual con Alba, unha moza que lle gusta, Roi decide ir falar con ela. A medida que avanzan nunha relación que vai progresando cos anos, Roi goza máis plenamente da vida, inspirado polo consello de asumir riscos e aproveitar as oportunidades que se lle presentan. Ao final, Roi e Alba volven ao lugar onde se coñeceron, e resulta que todo foi parte da ilusión mental del. Nada era real.