Sinopsis
Carmen demanda un pouco máis de atención do seu marido Ibón, pero o traballo deste acapara o seu tempo de tal xeito que apenas poden verse. Óscar, o fillo de ambos os dous, intenta que os seus pais lle fagan caso, pero eles están sempre «a outras cousas». Ademais, Óscar ten problemas no colexio que non sabe como resolver, porque non ve o momento de contalos na casa. El tamén demanda máis atención.
Un día Carmen descobre que Ibón ten máis razóns, non só laborais, para velos tan pouco. Logo de confirmar as súas sospeitas, decide tomar medidas drásticas. Óscar convértese agora no epicentro dos seus pais, que o utilizan como moeda de cambio entre os seus intereses pero que seguen sen atender as demandas do pequeno. Cando queiran decatarse, será demasiado tarde. Ata entón, cada un estivo ao seu. Agora, xa non hai nada que facer.