Sinopsis
Álex, unha nova cineasta, quere filmar un documental sobre os seus pais, que se coñeceron en Muros na sala de festas Paraíso, en 1989. Ela tiña 19 anos, el 25. Como tantas outras familias, emigraron e andaron aos tombos dun lado para o outro, deixando que a vida decidise por eles. Vinte e cinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando do seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de terminar un máster de cinema en Barcelona e viaxa á súa vila natal para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigamento vital de toda unha xeración.