Sinopsis
Para que todo saia ben na prestixiosa Academia Werth, a pequena e a súa nai múdanse a unha casa nova. A pequena é moi seria e madura para a súa idade e planea estudar durante as vacacións seguindo un estrito programa organi - zado pola súa nai; pero os seus plans son perturbados por un veciño excén - trico e xeneroso. El ensínalle un mun - do extraordinario onde todo é posible. Un mundo no que o Aviador se topou algunha vez co misterioso Principiño. Entón comeza a aventura da pequena no universo do Principiño. E así desco - bre novamente a súa infancia e com - prenderá que só se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos. Conta coas voces (en versión inglesa) de Ja - mes Franco, Rachel McAdams, Marion Cotillard, Jeff Bridges, Benicio del Toro, Mackenzie Foy e Paul Giamatti.
PREMIOS
2016: Premios Annie: Mellor música
2015: Premios César: Mellor filme de animación
2015: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes (fóra de concurso)