Sinopsis
1588. Un náufrago da Armada Invencible enviada por Felipe II desde Lisboa para conquistar Inglaterra é capturado nunha praia de Irlanda. Alí é xulgado, declarado culpable e aforcado ata a súa morte. Todo sería moi razoable seguindo as leis da guerra e o odio entre os seres humanos. O problema é que o prisioneiro é un mono.