Sinopsis
Ignacio é un músico que vive apartado dos escenarios por mor do párkinson de inicio temperán. Apenas ten relación co mundo exterior, e tenta saír adiante como pode canda a súa moza Sofía. A súa vida muda cando coñece a Valentina, unha dependenta dunha tenda de discos de segunda man.