Sinopsis
Cun embarazo na adolescencia, a Chelito non lle quedou outra que seguir os pasos da súa nai e traballar como peixeira na Coruña, aínda que ela soñaba con ser peiteadora. Pero Chelito sempre afronta a vida cun sorriso e agora é unha das «praceiras» mais famosas e veteranas da cidade. Erguese ás 4 da mañá para acudir á lonxa e traballar duro, pero forza non lle falta, nin tenrura e resiliencia. É unha muller que fixo do mar e da familia o seu sustento e motor de vida. Ela é peixeira, unha profesión imprescindible que fai posible que a pesca chegue a bo porto.