Sinopsis
Son moitas as aldeas de Galicia ou do norte de España ou de Portugal que están case abandonadas, cheas de casarocos esborrallados, listas para se converteren en cheas de cascallo. Sen habitantes, sen voces, deprimidas, as casas abriron portas e xanelas, deixaron entrar a choiva, descubriron a súa vocación suicida. O silencio, con todo, é unha quimera. Se un escoita con atención, deseguido pode percibir os queixumes de inmobles que non saben resignarse á inutilidade; calquera pode adiviñar as caladas conversacións dos antigos moradores, as historias de emigración, de vida ou morte que tratan de explicar o ocorrido.