Sinopsis
Os desexos, ambicións e soños esquecidos toman forma e camiñan pola terra do Mundo Acromático. Neste mundo sen cores, só feito de luces e sombras, habitan seres en templos ruinosos feitos en pedra e bañados polo sol. Nun destes templos, Torre, unha figura feminina que se asemella a unha virxe escura feita en bronce, precisa de máis cinza para completar os seus cadros de paisaxes grises. Ave, o seu compañeiro, ofrécese a ir ao río e volver cos materiais. O que Ave non sabe son as cousas que terá que facer para conseguir esa cinza. A choiva parou, e co sol pódese camiñar. Ave emprende a súa peregrinación.