Sinopsis
Welcome to ma maison é unha longametraxe que inicia unha viaxe cara a Los Ángeles para coñecer o director de cinema Nicolas Winding Refn e que, ao non atopar o seu rumbo, camiña cara ao interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe. Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se nos amosa é 100 % real.