Sinopsis
Manuel, un pai desesperado polos problemas de saúde do seu fillo, acode a unha meiga na procura dun remedio. Guiado por ela, atravesa a fronteira do real e inicia unha arriscada viaxe cara a profundidades descoñecidas, onde deberá enfrontarse á orixe dos males do neno.