Actividades especiais da 48 Semana de Cine de Lugo

- Coma sempre, confeccionamos Cartel (neste caso, un orixinal do artista lucense DIEGO AS), que constitúe a portada do noso XORNAL e LIBRO PROGRAMA.

- Incorpórase, de novo á Semana a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, despois duns anos de ausencia.

- Celebramos acontecementos que afectan á nosa historia recente, e así, en homenaxe ao medio século da celebración do Bimilenario de LUGO, e os 25 anos do Arde Lucus, programamos unha de romanos, e confeccionamos a exposición DO BIMILENARIO AO ARDE LUCUS, LUGO 2026

- Enmarcado nesta perspectiva histórica, a Semana de Lugo vaise irmandar co Festival de Cine de Astorga, tamén cidade bimilenaria, vencelladas ambas por orixe e historia. A irmandade concretarase en actos a celebrar en Lugo, o 22 deste mes de setembro, e en Astorga o próximo 23 de outubro.

- En canto a celebracións, poñemos tamén  de relevo os 60 ANOS DO VALLE INCLÁN -sesenta anos non son nada- emblemática sociedade cultural lucense, facendo historia de Lugo desde o ano 1966.

- En fotografía, renderemos homenaxe a JOSBE. Ese era o nome comercial da empresa que liderou Benito Cancio Rodríguez, un grande en España da distribución de produtos para a fotografía, homenaxe que recibirán os seus fillos.

- Entregaremos un agasallo ao RESTAURANTE MANUEL MANUEL (dirixido por Manuel Expósito) por ter sido durante trinta anos apoio da nosa Semana, xa que nel temos celebrado inauguracións e clausuras memorables.

- Tres novas placas serán colocadas no PASEO DO CINE DE LUGO, que fan os números 16,17 e 18 destes fitos que marcan desde a Avenida de A Coruña cara ao Auditorio, pazo do Festival: 
- A primeira delas e a que homenaxea ao FESTIVAL DE CINE DE ASTORGA, desde agora Festival irmán da nosa Semana de Cine, e será descuberta o día do irmandamento, 22 de setembro.
- A segunda, que será descuberta o mércores, 23, por BENEDICTA SÁNCHEZ, a agarimosa muller de noso que na madurez entrou cunha forza incrible do cine, á que Rubén Riós no seu artigo do Xornal da Semana denomina “Anduriña do Corgo”. Intervirá no acto Felipe Labrada Reija, Alcalde do Corgo.
- E a terceira será descuberta o sábado, 26, por CRISTINA CASTAÑO, actriz nacida en Vilalba en 1978, acto ao que asistirá a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

- Coa edición dun libro de Manuel Curiel, faremos xustiza póstuma ao eterno secundario do cine galego Tomás Ares Pena, XAN DAS BOLAS.

- A Semana de Cine infantil celebrarase polas mañás na CASA DO SABER  e invitaremos a todos os colexios, especialmente aos que lles quede máis de preto, a asistir gratuitamenbte a estas proxeccións.

- Teremos unha proxección especial, en relación con Xénero e sociedade, en colaboración coa Academia Galega de Enfermería e o Colexio provincial de Enfermaría de Lugo que terá lugar no Salón da Deputación o venres, 25, as 20 h., coa proxección da película “En camino a Leo. Cuando termina el miedo, el amor comienza”, (Dirección: Ana Bárcenas Torres. Mexico 2025), que será precedida dunha mesa redonda, da que será moderador Isidoro Rodríguez Pérez, Presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, e na que intervirán Mario Alberto Rivas Carro, enfermeiro, psicólogo, Académico correspondente da AEG; Nicolás Vera Arencibia  da Asociación de  familias de menores e mocidade trans de Galicia, Arelas e Alejandro Tripiana González, Enfermeiro residente de Pediatría no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

- Concerto inaugural a cargo da BANDA SONS E SOÑOS, impulsada polos concellos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol, dirixida por Armando Morales, con música de películas, concerto que abrirá Abraham Cupeiro, lucense especial, amigo da Semana de Cine de Lugo.