Sinopsis
Olivia, o seu irmán pequeno Tim e a súa nai Ingrid son expulsados da casa e teñen que comezar de cero noutro barrio. Mentres Ingrid fai malabares para resolver a situación, Olivia inventa unha fantasía protectora para o seu irmán e para ela: todo o que viven non é real; están a rodar unha película. Pero esta invención terá consecuencias inesperadas. Afortunadamente, ao seu arredor formarase unha nova e pintoresca familia coa que vivirán rocambolescas aventuras.