Sinopsis
Este documental preséntanos o traballo con nenos e mozos con capacidades diferentes que aprenden a tocar o piano comezando de maneira lúdica coas notas musicais en cores para poder entendelas, e que crecen na música, gozando dela e atopando a súa propia, a que todos levamos dentro. Guiados pola súa profesora, van percorrendo un camiño no que teñen a capacidade de mostrarlles aos demais como eliminar obstáculos e barreiras.
Baseado no libro do mesmo nome, La música que llevamos dentro (Editorial Enheduanna), do que é autora Teresa González Carducci,o documental fálanos da importancia de facer música, sen importar a idade nin a capacidade. A música impúlsaos, móveos, fainos sentirse verdadeiros artistas, amosando ao público a sinxeleza, a simplicidade e a beleza de atoparse na súa propia música.
Un documental cheo de tenrura, alegría e superación.