Sinopsis
Un encontro inesperado -ou secretamente inesperado, como diría Bresson- transforma un intre cotián en algo máxico. Mentres contemplamos a maxestade do Monte Pindo e escoitamos o murmurio do mar, un home comeza a falar. Na súa voz entrelázanse o humor e a saudade por un pasado duro que aínda resoa na súa memoria. Así, As entrañas saben o que a razón non entende tenta ser unha celebración do que xorde cando confiamos na nosa intuición e nas experiencias que o mundo nos ofrece.